sábado, 30 de junio de 2012

sábado, 23 de junio de 2012

E VOUME...

O alumnado de sexto de Primaria deixa o centro e nós despedímolos como merecen. Boa sorte rapaces!!!

lunes, 28 de mayo de 2012

SEMANA DE CINE GALEGO

Co gallo das Letra Galegas celebramos na escola a semana de cine galego. Tras visionar o filme, realizamos algunhas actividades multimedia como as que se amosan:






miércoles, 9 de mayo de 2012

martes, 8 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2012

Chegou mes de maio e con el a festa das nosas letras. Aquí tedes alguns recursos para traballar ao autor homenaxeado:

domingo, 22 de abril de 2012

QUE LEN OS PEQUES DE CONMENIÑO?

E TI...QUE LES?

Co gallo do Día do Libro iremos publicando algunhas suxerencias lectoras do noso alumnado e profesorado. Polo de agora velaí tedes as recomendacións do noso ratiño de Conmeniño. (E non esquezades facerlle unha visita a este rato tan lector e simpático).

martes, 27 de marzo de 2012

FALA REDES

Deu comezo FalaRedes, o novo programa de dinamización da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística.

domingo, 19 de febrero de 2012

ARTELLANDO A PAZ

O pasado día 30 de xaneiro celebramos na nosa escola o día da Paz, e quixemos facelo a través da arte.
Así, escollimos distintas obras artísticas que transmitiran ideas, sentimentos ou emocions arredor da paz.
Esta foi a nosa mensaxe de paz.


Click to play this Smilebox tarjeta
Create your own tarjeta - Powered by Smilebox
This tarjeta customized with Smilebox

sábado, 4 de febrero de 2012

BENVIDA


O equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) do CEIP Conmeniño quere dar a benvida a todos os membros da comunidade educativa a este novo espazo de encontro que pretende ser parladoiro. Dende aquí daremos a coñecer todas aquelas actividades que se van desenvolver ao longo do curso 2011-2012 co obxectivo de promover o uso da lingua galega. E tamén dende aquí, no noso particular parladoiro, agardamos os vosos comentarios e suxerencias.